Mercedes Queixas asina a biografía de Manuel María

Galaxia publica Labrego con algo de poeta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Mercedes Queixas asina a biografía de Manuel María

Dentro das novidades arredor da figura homenaxada no Día das Letras desde 2016, acaba de saír do prelo unha biografía dedicada a Manuel María. Galaxia publica Labrego con algo de poeta, un libro no que Mercedes Queixas Zás "segue o roteiro vital do poeta entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires", segundo explica a editorial. A obra, que sae á venda por 10 euros, conta con 188 páxinas e segundo sinala a presentación do libro "a biografía é o testemuño que corrobora o anceio constante de liberdade" do poeta.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Mercedes Queixas, Editorial Galaxia

Claves

Entidades