Galaxia presenta Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias

Polo Correo do Vento lanza Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Galaxia presenta Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias

A anunciada biografía que a editorial Galaxia lle dedica á homenaxeada no Día das Letras Galegas xa está na rúa. Con data do 17 de abril firma viguesa presentaba Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias. Montse Pena Presas asina esta obra na que se define a homenaxeada como "De Sarria, pero viguesa. Poeta universal. Moderna absoluta. Editora. Profesora. Sobre todo, poeta". No texto de presentación, asegúrase que a autora "achéganos a ela como nunca antes se fixo. Un texto vigoroso. Como Xela Arias".

Para alén dos apuntamentos biográficos, o proxecto inclúe unha lista de reprodución de temas que marcaron a Arias e mais unha selección de fotografías da época. Compostela acolle o vindeiro 22 de abril a presentación da obra na terraza do bar A Gamela a partir das 18 horas.

Pola súa banda a editorial Polo Correo do Vento lanza no marco da súa colección "Mulleres galegas". Orientada a público infantil e xuvenil, este volume ilustrado por Tania Solla fai un repaso accesible pola biografía da autora e será a base para unha serie de contacontos ilustrados que a editora vai desenvolver en diferentes centros de ensino.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Montse Pena Presas, Día das Letras Galegas, Editorial Galaxia...