Ana Romaní asina a biografía de Xela Arias no web da RAG

A Academia inicia a publicación de contidos sobre a protagonista do Día das Letras 2021

22/1/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaDía das Letras Galegas 2021
54 lecturas | Compartido 0 veces

Xela Arias arredor de 1993. Fotografía de Xulio Gil. Fonte: RAG

Co título Xela Arias. Declárome inconforme o web da Real Academia Galega acaba de incorporar unha biografía da autora homenaxeada no vindeiro Día das Letras. Ana Romaní asina un repaso detallado da vida e obra da escritora na que inclúe abondosas citas que exemplifican o seu pensamento e a súa perspectiva vital, así como fotografías de diferentes etapas. O texto intégrase nos contidos web que a RAG está a publicar sobre a creadora, e que inclúen unha selección de fotografías, links, un texto de Marilar Aleixandre encol do seu traballo e unha entrevista a María Xesús Nogueira arredor do labor poético da autora.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ana Romaní, Xela Arias, María Xesús Nogueira, Marilar Aleixandre...