A RAG abre o seu espazo web sobre Luísa Villalta

A Academia achega unha biografía da autora e diferentes fotografías persoais entre outros contidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
A RAG abre o seu espazo web sobre Luísa Villalta

Unha biografía da autora realizada pola académica Ana Romaní preséntase como principal contido do novo espazo web que a Real Academia Galega lle dedica a Luís Villalta. A autora homenaxeada no Día das Letras de 2024 protagoniza esta sección na que a RAG acumulará os contidos que realice arredor da celebración e que acaba de se publicar na rede. Unha serie web sobre a poeta e o espazo para o público infantil Primavera das Letras son algúns dos contidos previstos para esta sección.

No seu texto, Romaní destaca que "Luísa Villalta é unha escritora multixenérica que abraza a poesía, a literatura dramática, a narrativa, o ensaio, o xornalismo de opinión e mesmo cadernos de aforismos e de carácter memorialístico. É a dimensión integral dunha obra de gran coherencia con textos interconectados que emerxen dun mesmo núcleo: a paixón creadora na vontade da razón".

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, pola súa banda, achega a esta sección unha presentación na que salienta que "Luísa Villalta sitúase sempre na emoción e na ambición expresiva: poética sen concesións, que propón unha lectura esixente, ao tempo que ofrece rexistros renovados e estimulantes".

Ademais, o novo espazo web recolle tamén unha selección de fotografías do arquivo familiar da autora, que se completan cun texto de lembranzas sobre ela da súa nai e a súa irmá, María Gómez e Susana Villalta.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luísa Villalta, Ana Romaní, Real Academia Galega, Xornalismo...