A RAG presenta a Primavera das Letras de María Victoria Moreno

O programa inclúe un web, material didáctico e un certame sobre a autora

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

A seguir o modelo dos últimos anos, a Real Academia Galega presentaba esta mañá o web do proxecto Primavera das Letras dedicado a María Victoria Moreno. A iniciativa, orientada ao público escolar, achega unha biografía da autora, contidos interactivos e descargables para o seu emprego nas aulas e o xa habitual certame que premiará os mellores traballos de dinamización arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano, así como unha listaxe de recursos na rede sobre a autora. O CEP Marcos da Portela de Pontevedra acollía esta mañá a presentación do proxecto coa presenza da directora do colexio, Alicia Martínez; o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; e a académica Fina Casalderrey.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Victoria Moreno, Fina Casalderrey, Día das Letras Galegas, Real Academia Galega...