A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) celebra hoxe en Pontevedra a segunda edición da xornada Desfacendo a raia. No marco deste encontro desenvolverase, a partir das 12 da mañá o Encontro MarÃa Victoria Moreno, no que se lembrará a figura homenaxeada no vindeiro DÃa das Letras Galegas. Co lema Unha mestra que sabÃa ler nos ollos dos Cachorros a escritora e académica Fina Casalderrey, o ilustrador Manuel UhÃa e o escritor e presidente de Gálix Xosé Antonio Perozo falarán sobre esta autora.
Canda a esta homenaxe, comezan xa os lanzamentos editoriais de cara á principal efeméride da nosa literatura. Deste xeito Urco Editora acaba de pór na rúa O amor e as palabras, un volume que recupera unha selección de relatos espallados de Moreno que foran publicados maioritariamente en libros colectivos. Canda a estes textos, o tÃtulo incorpora un relato inédito dos últimos que escribiu e que ficara custodiado no computador da autora.