O concello de Pontevedra e Gálix renden homenaxe a Fina Casalderrey cunha exposición

Inaugurouse hoxe na praza da Ferraría de Pontevedra

18/4/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
35 lecturas | Compartido 0 veces

O concello de Pontevedra e Gálix (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) inauguraron hoxe pola mañá na praza da Ferraría a exposición "Fina Casalderrey. Medrando entre historias". Trátase dunha mostra composta por 20 paneis escritos por María Lado e ilustrados por Nove Noel na que se aborda a biografía e a obra literaria da escritora, a través das súas palabras e anécdotas. A exposición celebra a traxectoria creativa de Casalderrey, que canda o recoñecemento galego é unha das escritoras galegas con máis recoñecemento internacional no ámbito da literatura infantil e xuvenil. En Gálix destacan que: "é a primeira autora en estar nomeada simultaneamente aos dous premios máis prestixiosos da LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) a nivel internacional: o Premio Hans Christian Andersen outorgado polo IBBY e o Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) do goberno sueco".

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados