A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) acordou propor a AgustÃn Fernández Paz como candidato estatal ao premio Andersen 2012, considerado o Nóbel deste xénero. O autor tamén foi candidatado pola OEPLI ao Premio Iberoamericano de Literatura Infantil Edicións SM. Canda a el, este organismo seleccionou o traballo dos ilustradores Anxo Fariña en No castelo de Mabel de David Pintor en Cuentos para niños que se duermen enseguida e de Kristina Sabaite en Mamá cabra ola, ola, la! entre os quince representantes de España a Bienal de Ilustración de Bratislava. De xeito semellante a obra Chamádeme Simbad de Francisco Castro e a tradución que fixo Carmen Torres de Kafka e a boneca viaxeira optarán a entrar na prestixiosa Lista de Honra do IBBY de 2012 da man da OEPLI. Finalmente, a Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil, GAlIX, acordou promover a candidatura de Fina Casalderrey como autora e de Miguelanxo Prado como ilustrador aos premios Astrid Lindgren.