A OEPLI, Organización Española do Libro Infantil e Xuvenil, acordou propor a escritora galega Fina Casalderrey como candidata ao Premio Hans Christian Andersen para 2024. A entidade estatal fai cada ano dúas propostas a este galardón, unha do ámbito literario e outra da ilustración, que nesta xeira foi a vasca Elena Odriozola.
O galardón que entrega o IBBY (International Board on Books for Young People), é coñecido como o Nobel da Literatura Infantil e supón o maior recoñecemento internacional que se concede a unha autora viva.
Segundo destaca a OEPLI, Casalderrey "é unha das escritoras máis importantes da historia da literatura infantil e xuvenil galega" cunha "carreira fértil como poucas e chea de recoñecementos" con máis de cincuenta tÃtulos. Entre outros galardóns obtivo o Premio MerlÃn, o Barco de Vapor, o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, ou o Edebé. A nivel internacional foi nomeada ao premio Astrid Lindgren e incluÃda nas listas White Ravens e Outstanding Books.
O fallo do premio farase público na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña de 2024, que se celebrará entre o 26 de maio e o 7 de xuño dese ano, e a entrega desenvolverase no 39 Congreso Internacional de IBBY, previsto para se realizar entre 30 de agosto e o 1 de setembro de 2024.
O xurado internacional está integrado pola presidenta do IBBY, Anastasia Arkhipova (Rusia), e integrado por Evelyn Arizpe (México/UK), Brenda Dales (USA), Sabine Fuchs (Austria), Diana Laura Kovach (Arxentina), Shereeh Kreidieh (LÃbano), Bettina Kümmerling-Meibauer (Alemaña), Jaana Pesonen (Finlandia), Tan Fengxia (China), Pavle Učakar (Eslovenia) e Morgane Vasta (Francia), xunto coa directora executiva do IBBY, Carolina Ballester, como membro do xurado ex officio.