Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante é o tÃtulo da obra coa que a escritora galega Ledicia Costas acaba de se facer co Premio Lazarillo na modalidade de Creación Literaria. O xurado deste prestixioso galardón, que convoca anualmente a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil destacou da obra a súa "narración fluida", asà como a estrutura e a linguaxe literaria "que combina con precisión elementos da realidade e da ficción" nun argumento que posúe "un ar de misterio que contribúe a facer moi emocionante a lectura".
A novela ficciona unha visita do escritor Jules Verne a vigo en 1884, detrás das pegadas das misteriosas mulleres planta. O galardón está dotado con 2.500 euros em metálico e a editorial Xerais correrá coa vindeira edición da obra de cara a 2016. Ledicia Costas conseguiu recentemente o Premio Nacional de Literatura Infantil por Escarlatina a cociñeira defunta. O pasado ano fora tamén unha galega, MarÃa Solar, quen se fixera con este galardón estatal.