Fina Casalderrey e Miguelanxo Prado optan aos premios Astrid Lindgren

Un total de 184 candidatos compiten nos prestixiosos galardóns de Literatura Infantil e Xuvenil

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O xurado do Premio Memorial Astrid Lindgren de Literatura Infantil e Xuvenil incluíu a Miguelanxo Prado e mais a Fina Casalderrey na súa lista de candidatos a recibir este galardón en 2012. Os dous galegos compiten entre un total de 184 candidatos de 66 países por se facer cun dos máis recoñecidos galardóns no campo das letras para os máis novos. O resultado saberase no vindeiro mes de marzo de 2012. As súas candidaturas foron propostas por Gálix, a asociación galega do Libro Infantil e Xuvenil.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Fina Casalderrey, Literatura, GÁLIX

Claves

Entidades
Conceptos