Agustín Fernández Paz e Miguelanxo Prado optan de novo aos premios Astrid Lindgren

As candidaturas galegas supoñen a metade as opcións estatais ao galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un ano máis, as propostas galegas no campo da literatura infantil e xuvenil optan ao recoñecemento internacional dos premios Astrid Lindgren. Estes galardóns, considerados os máis prestixiosos do mundo neste campo, teñen entre os seus candidatos para 2016 dous galegos, o escritor Agustín Fernández Paz e mais o ilustrador Miguelanxo Prado. Os dous autores xa optaran a se facer con este recoñecemento en anos anteriores polo seu traballo individual neste ámbito. En total son 215 os aspirante ao premio deste ano, dos cales só catro chegan desde o Estado Español.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Agustín Fernández Paz, Literatura

Claves

Conceptos