Hoxe pola mañá o Consello da Cultura Galega presentou a edición conmemorativa do primeiro libro en galego de MarÃa Victoria Moreno, a mestra e escritora homenaxeada no DÃa das Letras Galegas 2018. Mar Adiante. Historias de nenos pra nenos, publicado orixinalmente por Ediciós do Castro en 1973, foi a entrada na lingua do paÃs desta mestra orixinaria de Estremadura.
Ramón Villares destacou na introdución da obra a relevancia da escolla da figura de MarÃa Victoria Moreno por parte da Real Academia Galega . Villares aludiu á orixe estremeña da escritora e a súa inmersión na lingua e a cultura do paÃs. “Que haxa alófonos que, ao chegar a Galicia, deixen de ser tal é a mellor forza desa forza inclusiva e da ausencia dunha fractura ou segregación social e cultural”. O presidente do CCG definiu tamén a MarÃa Victoria Moreno como unha “pioneira da que, tempo andado, se volverÃa unha das marcas máis fortes da literatura galega, como é a literatura infantil e xuvenil”.
Pola súa banda, Xesús Alonso Montero salientou que este libro é o punto de partida da “galeguidade” da autora, de quen destaco o seu “inmenso” corazón, ao igual que Pedro Ferriol, viúvo de MarÃa Victoria Moreno, quen destacou que “o seu achegamento ao galego e a Galicia foi por amor”.
A edición contén unha peza moi singular canda o facsÃmile do libro e un estudo introdutorio por parte dos editores: trátase do mecanoscrito do conto Crarisca, escrito e ilustrado por MarÃa Victoria Moreno e agasallado a Sara Alonso Pimentel cando era unha nena pequena. “Gardei este texto como un tesouro que moi poucas persoas sabÃan que existira”, sinalou a editora.