A LIX entra no Día das Letras

María Victoria Moreno foi escollida o sábado no Plenario da RAG

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ilustración dixital. Baseada nunha fotografía do arquivo familiar.

Ilustración dixital. Baseada nunha fotografía do arquivo familiar.

A Real Academia Galega tiña que escoller entre cinco candidatos para o Día das Letras Galegas 2018. Xunto ao sempiterno Carvalho Calero, este ano concorrían Plácido Castro, Antón Fraguas, Eusebio Lorenzo e María Victoria Moreno. Finalmente, o pleno optou pola figura desta profesora destacada pola súa producción infantil e xuvenil, coa que obtivo numerosos recoñecementos tanto en Galicia coma no exterior. É a terceira muller escollida para a conmemoración.

Segundo a Real Academia Galega, María Victoria Moreno "chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas"

No Álbum de Mulleres de culturagalega.gal podes consultar unha biografía da autora que inclúe unha completa bibliografía e unha galería multimedia.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Día das Letras Galegas 2018

Ver serie completa
María Victoria Moreno: O valor no cotián

María Victoria Moreno: O valor no cotián

A celebración do Día das Letras pon en valor nos aspectos máis persoais dunha autora moi vencellada a Pontevedra

Moitas historias de amor

Moitas historias de amor

O CCG publica a edición facsímile do primeiro libro en galego de María Victoria Moreno

Periferias no Día das Letras

Periferias no Día das Letras

A homenaxe a María Victoria Moreno pon sobre a mesa aspectos pendentes de recoñecer na cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Victoria Moreno, LIX, Plenario, Plácido Castro...