Cinco candidatos para o Día das Letras Galegas 2018

O Pleno da Real Academia elixirá este sábado a figura protagonista

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Xa se saben os candidatos para ser homenaxeados no Día das Letras Galegas do ano 2018. Os académicos escollerán entre Ricardo Carballo Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas, Eusebio Lorenzo Baleirón e María Victoria Moreno, nun pleno que se celebrará este 17 de xuño pola mañá na sede da institución na Coruña. A normativa sinala que deben transcorrez dez anos desde a morte desta figura e que debe ser "autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe".

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Ricardo Carballo Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas...