A RAG escolle mañá o homenaxeado no vindeiro Día das Letras

Carvalho Calero, Carlos Casares, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales son os candidatos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Fonte: RAG

Fonte: RAG

O Pleno da Real Academia Galega reúnese mañá, sábado nove de xullo, na sede da Rúa Tabernas para escoller o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017. Segundo facía público a institución esta mañá, os membros da Academia deberán escoller entre os nomes de Carvalho Calero, Carlos Casares, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales, que foron os candidatos que se presentaron con avais abondos para a súa toma en consideración polo pleno. Na listaxe de candidatos destaca a presenza de nomes novos, xa que unicamente Carvalho Calero fora proposto en anteriores ocasións. A RAG fará a pública a súa decisión nunha rolda de prensa prevista para as 13 horas.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Plácido Castro, Carlos Casares, Día das Letras Galegas...