Lois Pereiro, Xosé María Álvarez Blázquez ou Carvalho Calero son algúns dos nomes que se barallan para o vindeiro Día das Letras

Nomes que soan

18/6/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cando faltan dúas semanas para que a Real Academia decida nunha xuntanza a quen se lle dedicará o Día das Letras de 2008, comezan a soar nomes de candidatos á homenaxe. "Galicia Hoxe" é un dos medios que máis afonda nesta quiniela, e apunta como destacados Lois Pereiro, Xosé María Álvarez Blázquez ou o sempre adiado Ricardo Carvalho Calero. Valentín Paz Andrade ou Antonio Fernández Morales, autor do segundo libro que se publicou en galego, son outras das propostas que recolle o xornal.

Máis información en Galicia Hoxe, e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pereiro, Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María Álvarez, Carvalho Calero...