Multiplícanse as propostas de persoeiros para o Día das Letras nas vésperas de que Academia decida

A quiniela cultural

Un ano máis, colectivos, concellos e medios de comunicación fan as súas apostas e reivindican nomes da nosa cultura para a homenaxe do vindeiro Día das Letras. Na véspera de que a Real Academia decida sobre esta cuestión, o Concello de Tui avoga por Xosé María Álvarez Blázquez, a Asociación Fervedoiro reclama Xohán Xesús González. Xavier Queipo aposta pola terna de Lois Pereiro, Fiz Vergara Vilariño e Eusbio Lorenzo Baleirón. Canda a estes nomes, soa como cada ano o de Carvalho Calero, e no debate que se abriu en Vieiros apuntan aínda outros nomes coma Ernesto Guerra da Cal ou Jenaro Marinhas del Valle. Mañá sairemos de dúbidas.

Máis información en Vieiros, en Galicia Hoxe, en Faro de Vigo; e nos nosos arquivos