A filóloga Rosario Álvarez entra hoxe oficialmente na Real Academia mentres soan nomes para o vindeiro Día das Letras

Rosario na Academia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Facultade de Xeografía e Historia, en Compostela, acolle hoxe o plenario da Real Academia Galega (RAG) no que a filóloga Rosario Álvarez realizará o seu ingreso efectivo na institución. O discurso de ingreso da profesora da Universidade de Santiago versará sobre a variedade e a diversidade da lingua e será respondido por Antón Santamarina. Para finais deste mes está previsto un novo plenario da RAG no que se decidirá sobre a reforma da normativa e se escollerá o homenaxeado no vindeiro Día das Letras. Entre outros, barállanse os nomes de Ramón Piñeiro, Florencio Delgado ou o cura de Fruíme.

Máis información en El Correo Gallego e en Vieiros

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosario Álvarez, Plenario, Vieiros, Ramón Piñeiro...