A RAG escolle este sábado o nome das vindeiras Letras Galegas

Praza adianta a Carvalho Calero, Filgueira Valverde, Xela Arias, Manuel María e Fernández de la Vega como candidatos

3/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturasociedade
19 lecturas | Compartido 0 veces
Este sábado o plenario da Real Academia Galega elixirá o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015. O xornal dixital Praza Pública anuncia hoxe nunha nova as figuras finalistas para ser recoñecidos o vindeiro 17 de maio. A citar fontes da RAG, Praza apunta que son Carvalho Calero, Xosé Filgueira Valverde, Manuel María, Xela Arias e mais Celestino Fernández de la Vega os que chegan á xuntanza con cadanseus tres avais, necesarios para que a Academia os tome en consideración.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego