Xela Arias, Carvalho Calero e Manuel María disputan o vindeiro Día das Letras

A RAG decide o 4 de xullo a figura que será homenaxeada

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O vindeiro 4 de xullo o plenario da Real Academia Galega escollerá entre Xela Arias, Ricardo Carvalho Calero e mais Manuel María a figura que se homenaxeará no vindeiro Día das Letras Galegas. Logo de fechar o pasado venres o prazo para a presentación de candidaturas, a Real Academia Galega daba a coñecer as tres propostas que acadaron avais abondos de académicos para ser tomadas en consideración. As tres figuras xa foran candidatas para o último Día das Letras, que se lle dedicou a Filgueira Valverde.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Xela Arias, Carvalho Calero, Real Academia Galega...