Con ampla maiorÃa, e logo dunha segunda volta que o enfrontou a Carvalho Calero, Manuel MarÃa foi escolleito como persoeiro a homenaxear no vindeiro DÃa das Letras. O plenario da Real Academia Galega celebrou o sábado a dilatada elección, na que o poeta de Outeiro de Rei competÃa tamén con Xela Arias. Finalmente, unha ampla maiorÃa refrendou uun autor que a RAG sinala como "dunha extensa obra e expoñente do activismo polÃtico, representa a conciencia e o compromiso inquebrantable coa lingua galega". O presidente da institución, Xesús Alonso Montero, sinalou que a elección "vai ser un triunfo para a Academia e para a normalización", segundo recolle Sermos Galiza.
Diferentes asociacións como A Mesa pola Normalización, A Asociación Socio-Pedagóxica Galega ou a Asociación de Escritores, coas que o poeta colaborou intensamente, xa anunciaron o seu apoio á resolución da RAG e auguran un ano cheo de actividades. Margarida Ledo, DarÃo Xohán Cabana á esquerda, Fina Casalderrey, VÃctor Freixanes, Xosé LuÃs Regueira e Manuel Rivas foron os académicos que fixeron a proposta pola que finalmente se decantou a Academia.
Nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado en 2004, a inxente actividade do autor inclúe a cración da librarÃa e mais da editorial Xistral ou da colección Val de Lemos ademais de múltiples colaboracións con diferentes colectivos e movementos sociais. Poemarios como Muiñeiro de brétemas, Morrendo a cada intre, Mar Maior ou A primavera de Venus ademais de incursións na narrativa, o teatro ou o ensaio presentan un creador fondamente comprometido co paÃs e coa lingua.