O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Cidade das Burgas acollía este 27 de novembro a entrega dos VIII Premios Rodolfo Prada á xestión cultural que convoca a Deputación de Ourense. Xosé González Martínez Pepe de Redondela recibiu o principal recoñecemento desta convocatoria "pola súa traxectoria exemplar dinamizando a vida cultural e social de Galicia" co proxecto Galeguizar Galiza.
Acompaña no palmarés a González, que recibirá 3.000 euros en metálico, o Festival Hércules Brass de Celanova que obtivo o segundo premio, de 2.000 euros, "pola súa capacidade para achegar a música de vento metal a novos públicos, dinamizar o tecido cultural da comarca e converter Celanova nun punto de referencia musical". O terceiro posto, dotado con 1.000 euros, foi para o Festival Internacional de Curtametraxes e Arte (FICAR) de Entrimo "pola súa aposta decidida pola creación audiovisual, a visibilización de novos talentos e a proxección cultural da raia".
Ademais destas categorías, entregáronse tamén os premios provinciais, dotados con cadanseus 1.000 euros. O festival Viñetas desde o Atlántico recolleu o recoñecemento da Coruña "pola súa longa traxectoria na difusión da banda deseñada, a capacidade para achegar ao público creadoras e creadores de proxección internacional e o seu impacto na dinamización cultural", mentres en Lugo o premio foi para MUVICLA - Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria "polo seu labor de preservación do patrimonio agrario, a recuperación da memoria rural e a creación dun espazo divulgativo vivo e participativo".
Na provincia de Ourense levou o galardón a Casa do Chocolate de Teimende "pola súa singular aposta pola recuperación dun saber tradicional e pola creación dun proxecto cultural que pon en valor a identidade local", e en Pontevedra foi recoñecido o proxecto Desfoga, de Begoña Cuquejo e Matías Daporta, "pola súa capacidade para combinar creación contemporánea, participación comunitaria e posta en valor do territorio".
O xurado do certame estivo presidido polo vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, e composto por Anxo Lorenzo, en representación da Consellería de Cultura da Xunta; por Francisco Javier Álvarez, Antonio Piñeiro, Francisco González, José Manuel Freiría, Eva Torres, Francisco González e Marcos Vázquez, que actuou como secretario con voz pero sen voto.