A Deputación de Ourense daba a coñecer este 18 de maio o fallo dos premios Rodolfo Prada á Xestión Cultural. Na categorÃa principal, orientada a profesionais do sector, Eduardo RodrÃguez, organizador do Festival de Jazz Primavera do Café Latino foi escolleito como gañador e recibirá 3.000 euros en metálico. O xurado valorou desta cita o converter "a cidade de Ourense nunha referencia para os amantes deste estilo musical".
Canda a el, o premio para persoas voluntarias ou colectivos afeccionados, dotado con 2.000 euros, foi para a asociación cultural Telón e Aparte, que organiza en Carballo o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). O xurado destacou o se tratar dun programa "comprometido coas artes escénicas e cos proxectos teatrais de máis prestixio ao longo de máis de tres décadas de existencia". Pola súa banda, o premio de 1.000 euros para proxectos culturais levouno o Concello de Carral en recoñecemento ao seu certame de poesÃa que "constitúe un dos eventos literarios máis prestixiosos de Galicia".
Canda a estes, o xurado outorgoulle un premio especial ao proxecto Camiño Escena Norte, programa que promove o intercambio nas artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural correu coa proposta deste galardón.
Ademais, outorgáronse catro galardóns provinciais de mil euros, que recoñeceron o traballo Fundación Eduardo Pondal no Festiletras do Couto pola Coruña. En Lugo, o premio foi para a Fundación UxÃo Novoneyra, mentres en Ourense recoñeceuse o traballo de Óscar PenÃn Romero no proxecto Ruralisto. Finalmente, en Pontevedra foi galardoada a Asociación Teatro CompañÃa Caracol de Cambados.
O xurado dos premios estivo presidido polo vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández e estivo composto por Anxo Lorenzo, Marcos Vázquez, Antonio Piñeiro, José Manuel FreirÃa, Eva Torres e Olga Mojón en representación da Deputación de Ourense; Carlos Lorenzo Pérez, en representación da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural; Francisco González pola Asociación Cultural Rodolfo Prada; e Aurelio Gómez Villar como secretario.