A Deputación de Ourense daba a coñecer este 30 de marzo o fallo dos VI Premios Rodolfo Prada á xestión cultural. A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia levou o galardón principal desta convocatoria, dotado con 3.000 euros, polo seu papel na profesionalización do teatro galego e terse convertido "nunha cita de referencia estatal".
O xurado deste certame recoñeceu tamén o local de creación escénica A Casa Vella de Allariz, cun premio de 2.000 euros por o considerar "un espazo innovador en Galicia e un exemplo nacional dos espazos de creación no rural". O terceiro premio foi para a asociación fotográfica O Potiños, do Carballiño, pola súa labor na posta en valor da fotografÃa da comarca.
Como novidade, a convocatoria deste ano recoñeceu un proxecto en cada unha das provincias galegas con cadanseu galardón dotado con 1.000 euros. En Ourense, o premio foi para A Arca da Noe, de Vilar de Santos e na Coruña levouno o festival de danza e artes do movemento Abanea. O festival de música clásica Bal y Gay en Lugo e o proxecto Cantigas Transhumantes de Pontevedra completan o palmarés do certame, único galego dedicado á xestión cultural.
O xurado estivo presidido por César Fernández, con Patricia Torres, Antonio Piñeiro, Juan Rivas, Eva Torres, Luis González tosar como vogais, Aurelio Gómez Villar como secretario e mais o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o presidente da asociación Rodolfo Prada, Francisco González; e o presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Carlos Lorenzo. O galardóns entregaranse o vindeiro 21 de abril no marco da novena Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense (Ourense ICC Week).