A Deputación de Ourense premia tres proxectos de xestión cultural

Os tres proxectos son iniciativas audiovisuais e musicais

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Tres proxectos culturais do país foron galardoados no premio "Rodolfo Prada" de xestión cultural 2018 que outorga a Deputación de Ourense. Na categoría de profesionais da xestión cultural, o premio foi recibido polo proxecto "Fálame de san Sadurniño"; na de persoas voluntarias ou colectivos afeccionados o "Festival Arteficial", presentado pola Asociación Cultural Ecolóxico Educativa Arteficial e nos proxectos vinculados á Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural seleccionouse o proxecto "Unitaria", presentado pola Asociación "Amigos, si, pero a vaquiña polo que vale". Os gañadores repartiranse 6.000 euros en premios e outro tipo de gratificacións. Os premios serán entregados durante a vindeira ICC Week de Ourense.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Ourense, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, San Sadurniño