O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) foi galardoado co Premio Rodolfo Prada á xestión cultural na edición 2021. O premio Rodolfo Prada está dirixido a persoas, proxectos ou colectivos que desenvolvan iniciativas culturais vinculadas a Galicia. Tamén resultaron premiados o proxecto social e participativo Patrimoniogalego.net e o Festival ‘Carballo Interplay’ de web-series e produtos audiovisuais para contornas dixitais. Asà mesmo o xurado decidiu conceder un Premio Especial ao creador ourensán Alfredo Iglesias, editor da coñecida revista ‘Coralia’, recentemente falecido.
Os proxectos gañadores desta edición foron decididos nunha reunión celebrada este sábado 9 de outubro en Ourense na que estiveron presentes os membros do xurado no que participan a Deputación de Ourense, A Xunta de Galicia, e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. O galardón está dotado cunha aportación da Deputación de Ourense de 3000, 2000 ou 1000 euros para os proxectos gañadores. O acto de entrega dos Premios Rodolfo Prada está programado para o vindeiro venres ás 19,00 horas no Centro Cultural Marcos Varcarcel de Ourense dentro da programación da ICC Week 2021.