O ciclo de recitais de poesÃa 'Poetas Di(n)versos' que se leva a cabo na cidade da Coruña, coordinado por Yolanda Castaño foi merecedor do Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural da deputación provincial de Ourense. Asà o decidiu por unanimidade o xurado destes galardóns, reunido na ICC Week na quinta edición destes premios, cuxo proxecto gañador consegue unha dotación de 3.000 euros e unha escultura conmemorativa. O ciclo internacional de recitais de poesÃa, que xunta voces galegas con outras de outras linguas e culturas diferentes gañou nesta ocasión, pero o xurado ademais decidiu un podio no que tamén hai espazo pra un segundo e un terceiro premios, ademais dunha mención especial.
Asà o Festival de Cans quedou como segundo premiado deste ano polo xurado. Este evento do audiovisual que se realiza nesta parroquia rural de O Porriño está organizado pola Asociación Cultura Arela e leva desde o ano 2004 crecendo e consolidándose como unha das ofertas culturais relacionadas co audiovisual máis importantes do paÃs. No terceiro posto do palmarés destes premios o xurado decantouse polo Museo do Médico Rural en Maceda, unha iniciativa que sinala o exercicio da medicina no rural como unha "parte do patrimonio cultural da nosa terra" e que foi creado de xeito particular polo doutor José Manuel Lage, na vila na que exerceu durante 40 anos. O xurado acordou tamén facer unha mención especial á Fundación Contemporánea, polo fomento e a difusión de proxectos culturais, que fai especialmente a través do estudio anual "Observatorio de la Cultura". Os premios entregaránse o vindeiro xoves, dÃa 28 de abril no Centro Cultural Marcos Valcárcel, como parte da programación da oitava edición da 'Ourense ICC Week'.