O Náutico de San Vicente recibe o premio de xestión cultural 'Rodolfo Prada'

Ernesto Romero do Novocine de Leiro e a asociación Platea Lúa tamén son premiados nesta edición dos galardóns da Deputación de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas CulturaisMúsicaAudiovisual
Compartir:
Miguel de la Cierva. responsable do Náutico de San Vicente                                        Foto: Náutico de San Vicente, Facebook

Miguel de la Cierva. responsable do Náutico de San Vicente Foto: Náutico de San Vicente, Facebook

O Náutico de San Vicente consegue chegar tamén terra adentro cos ecos da súa actividade musical e recibe o Premio "Rodolfo Prada" á xestión cultural 2020 da Deputación de Ourense "polo seu traballo a prol da difusión cultural e musical coa organización de actividades e concertos ao longo de todo o ano". O xurado tamén premiou a Ernesto Romero, responsable de Novocine de Leiro, unha sala que desde unha pequena vila mantivo un alto nivel de acción difusora e innovadora do audiovisual cinematográfico "polo valor que supón para o rural manter unha actividade cultural como a que desenvolve". O premio para persoas voluntarias ou colectivos afeccionados foi para a Asociación Cultural Platea Lúa, "pola creatividade e o labor que desenvolve nas súas visitas turísticas guiadas teatralizadas" que posibilitan recorrer a cidade de Ourense e outros espazos da man de figuras da Xeración Nós ou con outros motivos e guións históricos. O xurado salientou a elevada calidade dos candidatos presentados ao certame, que reparte un total de 6.000 euros en premios. Os galardóns, instaurados pola Deputación de Ourense para destacar a figura deste intelectual ourensán, serán entregados o 7 de outubro no mosteiro de Santo Estevo, no marco da VI Ourense ICC Week.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Ourense, Leiro, Xeración Nós, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)