Como era o máis previsible, finalmente o pleno da Real Academia Galega votou a favor de que Antón Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) protagonice o DÃa das Letras Galegas de 2019. Asà se acordou este sábado na sesión ordinaria celebrada na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña. Os membros da Academia tiña que decidir entre Fraguas e o ferrolán Ricardo Carballo Calero, un habitual nestas votacións finais desde fai varios anos por impulso dun sector do pleno e que conta co apoio de varios colectivos defensores das correntes lingüÃsticas lusistas. Finalmente, a maiorÃa do Pleno da RAG decantouse por Antón Fraguas para o vindeiro DÃa das Letras Galegas. O Museo do Pobo Galego e mais a Fundación Antonio Fraguas Fraguas acolleron con "extraordinaria satisfacción" esta decisión da Real Academia Galega. Ambas institución achan que "polo seu compromiso co paÃs, a súa talla intelectual, a súa calidade humana” Fraguas é sen dúbida merecente da honra de ser homenaxeado no DÃa das Letras Galegas, precisamente no ano en que se cumpre o vixésimo aniversario do seu pasamento".
Ambas as institucións, que son depositarias do seu legado intelectual, traballan conxuntamente por manter e difundir o labor docente e cientÃfico de don Antonio, exercido durante décadas e a través de varias xeracións, até constituÃr unha referencia para a cultura galega que se concreta, ademais de nas súas numerosas publicacións, no traballo a prol do Seminario de Estudios Galegos, o Instituto Padre Sarmiento, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega. Segundo comunica a RAG no perfil do novo homenaxeado, Fraguas foi membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos (SEG) na mocidade, historiador, etnógrafo, director e presidente do Museo do Pobo Galego, profesor depurado polo franquismo e querido polo alumnado, narrador oral excepcional e intelectual cunha popularidade pouco común, Antón Fraguas Fraguas dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestrÃa á antropoloxÃa. Cos seus traballos e conferencias contribuÃu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento, unha idea cuxa reivindicación segue a ser necesaria. Recibiu, entre outras distincións, o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, a Medalla ao Mérito Cidadán e Cultural do Concello de Santiago, o Premio de Investigación e o Premio das Letras e das Artes da Xunta de Galicia, ou o nomeamento de cronista xeral de Galicia. No seu comunicado de prensa a RAG lembra aquelas notas biográficas do vindeiro homenaxeado máis destacables e que levan a consideralo digno desta homenaxe singular a xuÃzo da mayorÃa de académicos e académicas.