Malores Villanueva, tamén veciña do antigo concello de Cotobade (agora fusionado con Cerdedo), foi a responsable de elaborar a biografÃa do homenaxeado este ano co DÃa das Letras. Antonio Fraguas. Mestre da memoria chega ás librarÃas da man da editorial Galaxia a achegar as claves dunha figura que, para autora, aÃnda ten pendente ser recoñecida pola sociedade do paÃs.
Se escribir unha biografÃa é en por si un traballo inxente, no caso de Fraguas conxúganse factores que, se por unha banda facilitan o traballo, pola outra teñen un grande potencial de o complicar. "Foi relativamente doado porque todo o seu arquivo e a súa biblioteca persoal son accesibles. Deixoullos ao Museo do Pobo e posteriormente á Fundación que leva o seu nome. Entón é moi fácil acceder a esa fonte primaria para elaborar a biografÃa", explica autora. "Ademais, hai moita xente que aÃnda garda memoria del. Puiden entrevistar alumnado que achegou a visión da súa faceta como profesor e veciños de Cotobade que aÃnda viven e teñen unha lembranza moi clara". A isto súmase material xa publicado sobre o autor, como a biografÃa que realizara Clodio González Pérez para Ir Indo en 1999 (Antonio Fraguas: Profesor, xeógrafo, historiador, antropólogo. Galego de ben.) ou Antonio Fraguas Fraguas 1905-1999 volume que publicou o Museo do Pobo Galego por mor do seu centenario "no que hai artigos moi interesantes e moitas fontes para abordar a biografÃa". Como contrapartida a estas facilidades, apareceu o reto da escolla e do procesamento da información, xa que, como comenta Villanueva, "gardábao todo".
O segundo plano
Logo de investigar a fondo no percurso vital do homenaxeado, Villanueva considera que a sociedade galega ten aÃnda moito que descubrir sobre esta figura. "A súa traxectoria non é moi coñecida. Sempre foi un home que traballou de maneira calada, nun segundo plano dentro de moitas institucións", explica. "Antes da guerra, no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala ou no Partido Galeguista o seu nome non aparece tanto como outros, foron os postos de director e despois de presidente do Museo do Pobo os que o puxeron en máis relevancia".
A importancia dos primeiros anos
Malia a que nunha vida longa como foi a de Fraguas pode resultar difÃcil identificar momentos decisivos, Villanueva ten claro o peso fundamental que tivo a infancia na configuración da personalidade do biografado. "Criouse entre mulleres na Galicia labrega de comezos de século. Non coñeceu o seu pai ata os sete anos porque estaba emigrado no Brasil. E penso que isto foi importante, porque eran as mulleres as depositarias da memoria oral na sociedade tradicional. Eran as que cantaban e contaban contos. Ese pouso de neno de aldea marcouno moito e é algo que se ve despois nos seus intereses, nas súas publicacións e nas súas investigacións" explica. "Interesoulle moito a cultura propia, tanto material como inmaterial, e está claro que iso é algo que viu na súa infancia. Fixo traballos sobre o Entroido, o Nadal, as festas, os ciclos agrÃcolas, as crenzas ou a relación cos mortos porque vÃa que esa Galicia labrega da súa infancia estaba a ser esvaer. Recolleu todo isto e tamén puxo en valor a súa lingua, e nese sentido o peso da súa infancia foi fundamental".
O compromiso temperán
O compromiso coa lingua foi unha constante que atopou expresión a través da militancia galeguista, segundo sinala a biógrafa. "El chegou a Pontevedra a estudar" en 1919, con catorce anos, "sabendo pouco castelán, e de feito chamábanlle Antonio da Aldea. Por entón non era habitual que un neno da aldea estudase". De feito foi pola presión dun mestre de Cotobade que Fraguas continuou estudos alén dos máis básicos. "En determinado momento el reafÃrmase e pasa a considerar case como un tÃtulo nobiliario o que ata entón era un estigma e reivindica a súa orixe. É certo que tivo por entón como profesores a Castelao e a Losada Diéguez", lembra Villanueva. "En Pontevedra coincidiu tamén cun grupo de bachareis e xuntos crearon a Sociedade da Lingua. Nos estatutos, que se poden consultar no Museo do Pobo, unha das claves era que se comprometÃan a falar galego entre eles. Ai aà xa un xermolo da súa consciencia lingüÃstica e de clase, que logo se consolida logo do contacto en Santiago co Seminario de Estudos Galegos e coas Irmandades da Fala que marcou a súa vida".
A inflexión
Canda a estes momentos, Villanueva salienta aÃnda outros perÃodos decisivos no percorrido vital do homenaxeado. Como en moitos outros casos, a Guerra Civil supuxo unha ruptura importante coas súas expectativas vitais e condicionou enormemente o seu devir persoal e profesional. "Pasou moito medo naquela época, non lle gustaba falar deses anos", salienta a biógrafa. "Fuxiu ao monte, foi humillado publicamente, sufriu castigos duros e quitáronlle o seu medio de vida. Tivo prohibido exercer a docencia e viuse obrigado a pasar de novo unha oposición para voltar ao oficio", sinala.
O retorno
Logo da Guerra, a incorporación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, organismo no que foi bibliotecario, secretario e director da Sección de EtnografÃa e Folclore, supuxo retomar certa presenza pública. "El aceptou o seu labor alà como unha continuación do traballo no Seminario de Estudos Galegos, pero non era o mesmo. Traballou moito na biblioteca, sempre en segundo plano, pero foi un certo retorno. Tamén fixo parte do padroado da Fundación RosalÃa, con iso voltou a estes cÃrculos galeguistas, aÃnda que de xeito tÃmido". Neste tempo, coa recuperación do seu labor de investigación voltou a publicar diferentes textos. "Tivo que mudar a lingua, porque o galego foi apartado de toda publicación cientÃfica e técnica, pero non mudaron os seus intereses".
A proxección pública
A coindicir coa súa xubilación, comezou unha nova etapa que contribuÃu a configurar a imaxe de Fraguas que chegou a nós, cunha maior proxección social. "Cando se crea do Museo do Pobo Galego os promotores queren contar con XaquÃn Lorenzo e con el para marcar a continuidade co traballo do Seminario de Estudos Galegos", explica Villanueva. "Para el, que se acababa de xubilar e non querÃa deixar a docencia, foi unha alegrÃa e un revulsivo. Verteu todas as súas forzas, angueiras e coñecementos no Museo. Foi o primeiro director e, cando en 1989 morre Lorenzo, pasou a ser presidente. Preocupouse de conseguir material, de organizalo e fixo xestións para ampliar as instalacións. Mesmo cedeu as pezas que o seu pai empregaba como canteiro para as expor no apartado de oficios". Este labor "foi un conforto para el logo da longa ditadura".
Etnógrafo sobre todo
Encol do seu traballo, a autora comparte a visión sobre o autor que está a predominar nas homenaxes deste ano. "Sobre todo foi un etnógrafo, aÃnda que non podemos esquecer a súa parte de xeógrafo e de historiador". Ao longo da súa traxectoria, "máis ou menos mantivo as súas liñas de investigación. Xa antes da guerra falara do Entroido ou da relación cos mortos, e son temas que despois recuperou", lembra. "Tamén mantén o foco sobre a xeografÃa. En xeral os seus intereses ampliáronse pero non mudaron moito".
A aposta pola modernidade
No entanto, salienta tamén outros aspectos máis esquecidos da biografÃa de Fraguas, como é o seu papel pioneiro da radio en galego. "Foi o primeiro locutor de continuidade na nosa lingua" co seu traballo en Unión Radio desde 1933. "Ao longo dos anos trinta facÃa emisións a falar de temas do máis variado, desde economÃa a turismo, e a desenvolver teatro radiofónico ou recitais poéticos". E é que, coma el, outras persoas da época destacaban a importancia dos medios de comunicación para o galego. "Consideraban que ademais de para espallar ideas servÃan tamén para dignificar a lingua", lembra Villanueva. A biógrafa incide tamén no papel como educador do homenaxeado, coa súa especial aposta pola renovación pedagóxica nuns tempos e nun ámbito nos que non era sinxelo saÃr da ortodoxia. "Agora ao mellor os seus métodos non resultarÃan tan rechamantes, pero todo o seu alumnado lembra como naquel momento as súas clases eran diferentes ás do resto. Levábaos ao Pórtico da Gloria para explicar Arte ou subÃan a un monte para falar de XeografÃa. Mesmo organizaba excursións en domingo para levar tamén os pais do alumnado, que é algo moi curioso e dá idea da importancia que lle daba a educación". Canda a isto apunta sorpresas que atopou no seu traballo. "Resultoume curiosa a faceta ecoloxista que tiña, o seu interese pola reforestación. Unha veciña contaba que fora con el ao monte plantar trescentos piñeiros. Tiña unha consciencia ambiental moi importante que quizais non era habitual na época".
O xeito de ser
Como resumo da figura de Antonio Fraguas, Malores Villanueva considérao "unha ponte co século pasado e coa cultura de noso nun mundo cada vez máis globalizado. Nas máis de 300 publicacións que ten hai moito de nós. Penso que o seu traballo nos amosa que a nosa cultura material é inmaterial é unha ponte que debemos transitar para construÃr o futuro desde as nosas propias raÃces". Para alén do académico e do seu compromiso co paÃs, o traballo biográfico permitiulle a Villanueva constatar aspectos máis persoais da figura de Fraguas. En particular destaca "unha bonhomÃa na que coincide quen o coñeceu. Fun atopando persoas que puideron estudar grazas a que el se preocupou por lles procurar bolsas. Na Galicia rural moita xente nin sabÃa cubrir os papeis para as solicitar e el preocupábase por isto. Por algo asà non se dá un DÃa das Letras, pero fala tamén do seu aspecto máis humano e do seu interese pola educación e a idea de que o futuro ten que se basear nela para alén de nas raÃces", explica. Outro aspecto da súa personalidade é "que era moi retranqueiro, tiña moito sentido no humor".
A celebración deste DÃa das Letras vai contribuÃr segundo Villanueva "a que moita xente coñeza a súa figura. Fóra de lugares como Compostela, onde tivo máis relevancia, moita xente non sabe del". Ao tempo, a homenaxe a Fraguas pode valer para que "as persoas que traballaron como el arreo por Galicia desde un segundo plano sexan tamén coñecidas e recoñecidas".