Ir Indo publica unha biografía de Xela Arias

O fanzine Xelas Arias desde as marxes recolle diferentes voces sobre a autora

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Capa da biografía de Xela Arias publicada por Ir Indo

Capa da biografía de Xela Arias publicada por Ir Indo

Anxo Xoán Rajó Pazos asina a biografía da homenaxeada no Día das Letras que acaba de presentar a editorial Ir Indo. Xela Arias, poeta e tradutora é o título deste traballo que repasa a vida e a obra da autora a incluír unha cronobiografía e fotografías nalgúns casos inéditas. O autor, que coincidiu con Arias na facultade, elaborou unha publicación orientada en particular para o estudantando de secundaria que aborda de xeito didáctico o percurso vital e as inquedanzas da protagonista.

En paralelo, Daniel Chapela coordinou o fanzine Xela Arias. Poeta nas marxes. Esta publicación monográfica recolle diferentes voces que abordan a obra da autora. María Xesús Nogueira, Susana Trigo, Ana Romaní, Marga do Val, Manuel Bragado ou o propio Daniel Chapela abordan cuestións como o traballo editorial, a acollida da obra de arias ou as súas claves estéticas neste volume. Ademais, inclúese unha antoloxía de poemas da homenaxeada este 17 de maio.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Secundaria, Daniel Chapela, Ana Romaní...