Pontevedra convida a musicar a Xela Arias cun certame

X Xela repartirá 1.750 euros en premios ás mellores versións de poemas da autora

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:

A concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra presentaba este 11 de abril o certame X Xela. A convocatoria, aberta a grupos que acrediten como mínimo ter un grupo do concello, chama a "musicar, con composicións orixinais, un poema de Xela Arias". Segundo explica o concello "o obxectivo enmárcase na filosofía de difundir a obra da poeta homenaxeada en convivencia con outra disciplina artística como é a música. Deste xeito, ademais de promover a obra poética de Xela Arias tamén se incentiva a creación musical en lingua galega na escena musical pontevedresa".

As bandas participantes teñen ata o 7 de maio para enviar as súas propostas para o certame. Optarán a galardóns de 1.000 euros para o primeiro premio; 500 euros para o segundo e 250 euros para a terceira posición.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Pontevedra, Filosofía, Normalización Lingüística...