A Sala Numax presenta un proxecto de correspondencias artísticas con Xela Arias

Chan da Pólvora explica a autora a través da súa propia voz en De certo, a vida ía en serio

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
A Sala Numax presenta un proxecto de correspondencias artísticas con Xela Arias

Intemperiadas, correspondencias interartes con Xela Arias é o nome do proxecto co que a sala Numax celebrará o Día das Letras de 2021. A iniciativa, que se presentaba este 29 de marzo, desenvolverase entre abril e outubro deste ano e propón unha serie de diálogos entre novas artistas e a poeta que é homenaxeada este 17 de maio. O proxecto, que comisaría Charo Lopes "ten como alicerce activar a pegada de Xela Arias: a sororidade instintiva, a desobediencia fronte un equilibrio inxusto, a creatividade e a experimentación coa palabra" e conta co apoio da Deputación da Coruña.

Ao longo dos meses en que se desenvolve o proxecto, artistas de diferentes ámbitos desenvolverán parte do seu proceso creativo ao vivo no propio espazo da libraría durante o horario de apertura. Laura Tova, desde a ilustración, bota a andar a iniciativa este 10 de abril. A ela seguirana Io Morales (téxtil), Jóia Rara [Acacia Ojea e Marga Gilino] (música), Verónica Vicente (fotografía), e Paula Pereira (cerámica). Ademais, promoverase, co cancelo #intemperiadas que toda a xente comparta polas redes sociais as súas propias creacións arredor de Xela Arias.

En paralelo, a editora Chan da Pólvora acaba de lanzar De certo, a vida ía en serio, un volume que, a partir de textos de entrevistas, conferencias, reflexións, autopoéticas e poemas, quere explicar a Arias a través das súas propias palabras. Maria Xesus Nogueira foi a responsable da selección de textos e da edición do volume.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Diálogos na corda dos poemas

Diálogos na corda dos poemas

Doce voces da poesía nova establecen unha conversación con Xela Arias no proxecto 'O equilibrio dos extremos'

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Numax, Chan da Pólvora, Deputación da Coruña...

Claves

Protagonistas
Conceptos