Xerais publica unha edición especial de 'Intempériome'

Inclúe un CD coa gravación dos poemas na voz de Xela Arias e acompañamento musical

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Xerais publica unha edición especial de 'Intempériome'

A derradeira obra poética publicada por Xela Arias en vida, Intempériome (Espiral maior, 2003), chega estes días de novo ás librarías baixo o selo de edicións Xerais de Galicia, a empresa na que ela traballou, nunha edición especial feita co gallo da homenaxe á autora polo Día das Letras Galegas. Este volume consta dun estoxo que contén o libro de poemas, un caderno de notas e un CD coa gravación dos poemas na voz de Xela Arias acompañada dos músicos Pablo Carrera, Macarena Montesinos e Elena Vázquez, baixo a dirección de Fernando Abreu. En palabras da poeta Iolanda Zúñiga, que se dirixe a Xela Arias no limiar do libro, «Íspeste para asimilar, sen estorbos, o alento do suburbial». En intempériome Xela Arias racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. A poeta rompe a palabra para inxectarlle significados contestatarios e invocar a lectora ou lector a que se libere da alienación.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Iolanda Zúñiga, Iolanda Zúñiga, Morte...