Manuel María recebe esta tarde sepultura en Outeiro de Rei, a súa vila natal

O enterro da palabra

A terra que o viu nacer, Outeiro de Rei, recibirá esta tarde o corpo de Manuel María, despois dun funeral que se celebrará na igrexa de Santa Isabel, nesta mesma parroquia, ás seis da tarde. Ao longo do día de onte fóronse sucedendo os comunicados de pésame por parte de diferentes colectivos e persoeiros da nosa cultura. A Real Academia Galega, a Mesa pola Normalización Lingüística, o Museo do Pobo, a Fundación Castelao, ou a Asociación de Actores amosaron o seu dor. Os xornais hoxe aparecen inzados de artigos que lembran a figura do poeta da Terra Chá, e son moitas as persoas que se achegan á capela ardente instalada na compostelá igrexa de San Domingos e ás lecturas que se suceden no local anexo do Museo de Pobo. O concelleiro de Cultura da capital, Néstor Rego, anunciou xa a vindeira publicación do libro “Poemas a Compostela”, que o escritor falecido dedicou á cidade.

Máis información en La Voz de Galicia; en Galicia Hoxe; La Opinióno noso tema sobre a morte de Manuel María