O Concello de Santiago organiza un ano de actividades para homenaxear o alcalde republicano Ánxel Casal

Ano Casal

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Teatro, música, exposicións, audiovisuais, un congreso, reedición de obra... O Concello de Compostela está decidido a que no 2005 haxa actividades culturais de todo tipo centradas en Ánxel Casal. O editor e alcalde republicano será homenaxeado a través da representación das súas pezas teatrais e a gravación dun documental sobre a súa figura. Ademais, o concelleiro de cultura, Néstor Rego, anunciou a creación do vindeiro Centro de Estudos Composteláns estará dedicado a este galeguista represaliado ao comezo da Guerra Civil. Desde o concello apuntan tamén que tentarán promover que o Día das Letras se lle dedique a Casal o vindeiro ano.

Máis información en La Voz de Galicia en Galicia Hoxe e en La Opinión

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxel Casal, Concello de Santiago, Documental, Exposicións...