A represión na provincia da Coruña durante a Guerra Civil afectou a 2.500 persoas, segundo revelou onte o historiador Domingo Grandío. O profesor de Historia Contemporánea da USC adiantaba estas cifras do seu estudo A represión e a Guerra Civil na provincia da Coruña, 1936-1939 nun acto na sede da Deputación da Coruña. Ao tempo, a Xunta anunciaba o seu apoio ao proxecto do Parque da Memoria que proxecta construír o Concello de Poio. Pola súa banda, Facultade de Xeografía e Historia de Santiago comeza hoxe as Xornadas Ánxel Casal. Unha vida por Galiza, que continuarán mañá no Museo do Pobo e que queren rendir unha homenaxe ao editor.
Máis información en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia e en compostelacultura.org