A Xunta declarará o 2006 “Ano da memoria” e creará un centro sobre a represión na Illa de San Simón

Un ano de lembranza

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O vindeiro ano será o “Ano da memoria”, segundo anunciou onte a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, durante a súa visita á Illa de San Simón. Deste xeito, ao longo dos vindeiros doce meses desenvolveranse diferentes actos para lembrar a represión franquista en Galicia. Para o mes de xullo está prevista a posta en marcha dunha exposición sobre este tema que viaxará por diferentes lugar do país. Ademais, Bugallo anunciou que se creará un centro sobre a represión na Illa de San Simón e que se erguerá un monumento para lembrar ás vítimas do franquismo, moitas das cales estiveron presas nese mesmo lugar.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos sobre a recuperación de memoria histórica; sobre a Illa de San Simón

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de San Simón, Culturagalega, Ánxela Bugallo, Franquismo...