San Simón acolle os actos centrais de homenaxe do Ano da Memoria mentres se presentan novas iniciativas

O celme da memoria

24/7/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
As vítimas da represión franquista foron homenaxeadas esta fun de semana na Illa de San Simón na celebración dos actos centrais do Ano da Memoria. Canda a diferentes actuacións artísticas, nestes días abriuse tamén a mostra que amosa a historia da illa como penal durante os comezos do franquismo. A conselleira da Cultura, Ánxela Bugallo, anunciou nestes actos que os traballos de investigación sobre a represión que comezaron este ano continuarán no futuro e presentou o Consello da Memoria, un ente que reúne representantes dos afectados pola represión e membros de colectivos de recuperación da memoria histórica

Máis información en web do Ano da Memoria; en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Simón, Ánxela Bugallo, Memoria Histórica, Franquismo...