Bugallo encárgalle á universidade un censo que recolla os nomes dos represaliados na Guerra Civil

Un censo da represión

12/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
As estimacións apuntan que de 1936 a 1939 8.000 galegos foron asasinados pola represión franquista. Os seus nomes formarán parte dun censo que a Xunta, a través da Consellaría de Cultura, acaba de asinar cos rectores das tres universidades. O proxecto ten un custe de 211.000 euros, centrarase nos tres anos da guerra (e poderá irse actualizando posteriormente) e estará rematado en marzo de 2007. O censo é unha das iniciativas que forma parte do chamado “Ano da memoria” cuxas actividades se iniciaron esta fin de semana na Illa de San Simón, que foi un penal durante o franquismo.

Máis información en La Voz de Galicia, en El Correo Gallegoe Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra, Guerra Civil, Franquismo, El Correo Gallego...