Hai que combater o maltrato. Por iso, o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, anunciou que pretende coordinar a actuación de todos os axentes implicados, desde as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ata a Administración. Ademais, o vicepresidente da Xunta que xa anunciou en novembro do ano pasado un salario de 600 euros durante un ano para as vÃctimas do maltrato, asinou o “Pacto pola Igualdade” cos responsables dos medios de comunicación. Con este acordo, os medios comprométense a evitar a difusión de información que conteña "todo tipo de discriminación”.
Máis información en El Correo Gallego, La Voz de Galicia e Galicia Hoxe