Dúas ofrendas florais conmemoran o pasamento de Valle-Inclán e Castelao

Homenaxe con flores

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os pasamentos de Ramón María del Valle-Inclán e Alfonso Rodríguez Castelao están próximos no calendario. O do escritor arousá deuse o día 5, mentres que o do galeguista rianxeiro foi o 7. Por iso, conmemorando as súas efemérides estes días tiveron lugar senllas homenaxes florais. A de Valle foi no cemiterio de Boisaca, no que está soterrado, onde o Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, anunciou un programa que irá acordando cos distintos colectivos implicados na súa memoria. A de Castelao tivo lugar en Rianxo, a súa localidade natal, e no Panteón de Galegos Ilustres.

Máis información sobre a homenaxe a Valle Inclán en La Voz de Galicia e El Correo Gallego e a Castelao en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Luís Bará, Valle Inclán, Galicia Hoxe...