A AELG premia o poemario Ancoradoiro de X.M. Álvarez Cáccamo mentres Concello de Santiago entrega os premios Ánxel Casal

Ancoradoiro de palabras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O libro de poemas "Ancoradoiro" de Xosé María Álvarez Cáccamo, recibiu onte o premio que outorga a Asociación de Escritores en Lingua Galega ao mellor libro publicado no ano 2003.Esta obra recolle a totalidade da obra poética deste autor desde 1983 até o ano da publicación. O premio entregaráselle ao poeta vigués no marco da Cea das Letras que terá lugar no restaurante compostelán A Espeteira esta sexta feira de outubro. Mentres, o Concello de Compostela outorgaba esta mañá o premio literario Ánxel Casal. Alicia Fernández Rodríguez fíxose co primeiro e co segundo posto na modalidade de poesía, mentres que en conto levou o premio Brais González e en teatro Ricardo Daniel Xove.

Máis información sobre o premio da AELG en Galicia Hoxe; sobre o Ánxel Casal en La Voz de Galicia máis sobre o premio da AELG en LG3

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito