A AELG elixe a obra ‘Ancoradoiro’ de Xosé María Álvarez Cáccamo como mellor libro publicado no 2003

Ancoradoiro é o mellor do 2003

“Ancoradoiro” de Xosé María Álvarez Cáccamo, que recolle a obra poética do autor entre 1983 e 2003, ven de ser recoñecido como o mellor libro publicado no ano 2003 pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. As votacións dos máis de douscentos corenta socios para escoller a obra gañadora levaron ao libro de Cáccamo a competir como finalista coas obras “(Cito)” de Emma Couceiro, “Por conto alleo” de Camilo Franco, “Casa última” de Xulio López Valcárcel, “Fálame” de Antón Lopo, “A construcción nacional no discurso de Otero Pedrayo” de Carme F. Pérez-San Julián, “A esfinxe de amaranto” de Antón Riveiro Coello, “Traxectorias” de Vítor Vaqueiro e “Mar de bronce” de Xosé Vázquez Pintor. A maioría dos votos foi para á obra de Cáccamo editada por Espiral Maior e o Premio AELG 2004, materializado nunha pluma estilográfica gravada, se lle concederá ao poeta vigués no marco da Cea das Letras que terá lugar no restaurante compostelán A Espeteira este venres 15 de outubro.

Ficha da obra e crítica Ancoradoiro
Máis información na AELG