"Territorio da desaparición" de Miguel Anxo Fernán-Vello é a obra gañadora do premio AELG 2005

Territorio premiado

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Premio AELG ao mellor libro editado no anterior ano, outorgado por votación dos douscentos setenta escritores que forman a Asociación de Escritores en Lingua Galega, recaeu este ano na obra poética “Territorio da desaparición” (Galaxia, 2004) de Miguel Anxo Fernán-Vello. A obra alzouse coa maioría dos votos por riba de “Sen sombra e sen amor”, de Bernardino Graña; “Amor e música lixeira”, de Bieito Iglesias; “A cousa vermella”, de Olga Novo; “As metamorfoses do túnel”, de Román Raña; “O exiliado e a primavera”, de Manuel Veiga e “En concreto”, de Luísa Villalta. O Premio materialízase nunha estilográfica gravada co motivo, que se lle dará ao autor no marco da Cea das Letras, este sábado 24 de setembro en Santiago.

Máis información en Galicia Hoxe
en Lg3 ficha de Territorio da desaparición

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito