Loreto Ares e Daniel Ovalle recollerán esta tarde os diplomas que os acreditan como gañadores do XVII premio de narracións xuvenÃs Rúa Nova nas modalidades de castelán e galego respectivamente. O premio, convocado pola Fundación Caixa Galicia, entregarase nesta entidade, e no mesmo evento recibirán tamén mencións Eva Escrivano e Aldara Varela. Ao tempo, a Asociación de Escritores en Lingua Galega deu a coñecer a listaxe de obras que optan a recibir o galardón a mellor traballo do ano. “Territorio da separación” de Miguelanxo Fernán-Vello, “Sen sombra e sen amor”, de Bernardino Graña, “Amor e música lixeira” de Bieito Iglesias, “A cousa vermella” de Olga novo, “As metamorfoses do túnel” de Román Raña, “O exiliado e a primavera” de Manuel Veiga e “En concreto” de LuÃsa Villalta optan ao galardón, que se fallará o dezanove de setembro.
Máis información no web da Fundación Caixa Galcia e en Vieiros