Fernán-Vello e Xesús Constenla premios da Crítica española en lingua galega

Cuestión de premios

Logo de oito anos de silenzo Fernán-Vello (Cospeito, 1958) volveu a aparecer nas librerías con “Territorio da desaparición”. A mesma obra coa que vén de gañar o Premio da Crítica Española en lingua galega no apartado poético e que na narrativa foi para Xesús Constenla (Ferrol, 1963) polo seu libro de relatos “As humanas proporcións”. Pero esta fin de semana tamén se fallou o premio da Fundación Caixa Galicia “Rúa Nova 33” para narracións xuvenís dotado con 1.500 euros. O xurado premiou a obra de Daniel Ovalle Costal (Pontevedra, 1988) titulada “Ladrón de luva branca” mentres que Loreto Ares Arroio (Pozuelo de Alarcón, 1989) gañou a edición en español por “Mirábamos las estrellas”.

Máis información no sobre os Premios da Crítica en La Voz de Galicia e La Opinión e sobre o “Rúa Nova 33” en El Correo Gallego