María do Cebreiro, Siro López e María Comesaña gañán os premios Caixanova, Álvaro Cunqueiro e Lorenzo Baleirón

Literatura que se escribe con P

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A poetisa María do Cebreiro (Santiago 1976) acaba de gañar o II Premio de Poesía Caixanova que convoca o Pen Club co seu libro "Non queres que o poema te coñeza". O premio está dotado con 10.000 euros e coa publicación dentro da colección "Arte de Trobar". Tamén de poesía, foi o premio Lorenzo Baleirón que desde hai 16 anos convoca o Concello de Dodro. Os 2.300 euros do galardón foron para María Comesaña pola súa obra "Zoonose". E, por outro lado, o xornalista e humorista gráfico Siro López acaba de ser galardoado co premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais coa obra "Hai que confiar na esperanza" que está dotado con 6.025 euros alén da publicación na colección "Os libros do Centro Dramático Galego" coeditados polo Igaem e Xerais.

Máis información sobre o premio de poesía Caixanova en El Correo Gallego e La Voz de Galicia; sobre o premio Álvaro Cunqueiro en El Correo Gallego e sobre o Lorenzo Baleirón en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Caixanova, Poesía, María do Cebreiro...