Os premios Caixanova e Álvaro Cunqueiro outórganse a Román Raña e Antón Lopo respectivamente

Dramaturxia e poesía premiadas

O xornalista, poeta e narrador Antón Lopo engade ao seu campo de expresión a dramaturxia, e faino entrando pola meirande das portas que ten á súa disposición o xénero na nosa lingua. O escritor gañou coa obra “Os homes só contan ata tres” o Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais convocado polo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais – IGAEM – na súa décimo terceira edición. No xénero da poesía fallouse tamén o premio Caixanova na súa terceira edición. Este galardón, o de máis contía económica dos outorgados en Galicia polo seus dez mil euros de premio, foi parar ao poeta e profesor de literatura galega Román Raña Lama pola obra “A metamorfose do tunel”.

Máis información sobre o Premio Caixanova en La Voz de Galicia
e sobre o Premio Álvaro Cunqueiro en El Correo Gallego